viernes, abril 17, 2015

O PP DE LUGO NO CEN POR CEN DOS CONCELLOS

Xose Manuel Barreiro, informou  que o PP de Lugo presentará candidaturas nos 67 concellos da provincia. Barreiro quixo poñer en valor que as papeletas dos populares estarán presentes, unha vez máis, no cen por cen dos municipios lucenses á vez que deu por concluída a designación de todos os seus candidatos en todas as alcaldías da provincia.
O PP de Lugo renovou o 23% dos seus cabezas de lista e 41 dos candidatos designados son alcaldes que optarán á reelección. Completan este perfil 15 portavoces municipais, 7 candidatos que non formaban parte da corporación e 4 que na actualidade eran concelleiros. A presenza de mulleres encabezando unha lista medra con respecto ao ano 2011, ata superar o 13 por cento .
Barreiro lembrou que na anterior cita coas urnas o PP confirmou a súa posición como forza hexemónica na provincia de Lugo despois de que preto do 50% dos lucenses apoiasen co seu voto a esta formación política.
Explicou tamén que as candidaturas populares gañaron en 50 dos 67 concellos da provincia (o 75% dos municipios) acadando 43 alcaldías. No cómputo provincial o PP obtivo 3.216 votos máis que os acadados por PSOE e BNG xuntos.
Finalmente, como valoración, Barreiro lembrou que os populares convértense na única forza política con capacidade para garantir a confianza e estabilidade necesaria para de afianzar o proceso de recuperación económica e creación de novos postos de traballo e, de feito, a presentación de candidaturas en toda a provincia é proba delo.
Sinalou tamén que a experiencia dos gobernos locais é a traxectoria dos seus alcaldes é o mellor aval para renovar e incluso ampliar os seus apoios. Dixo que o PP quere seguir sendo forza de goberno na provincia e animou aos candidatos a saír á rúa, dar a cara, explicar o seu balance de goberno ou as razóns polas que o PP, aí onde non goberna, supón unha alternativa estable e digna de confianza.

No hay comentarios: