lunes, abril 06, 2015

O PP DE LOURENZA RENOVASE NUN 63%

Veciños, simpatizantes, representantes do PP tanto da provincia, como da comarca de A Mariña participaron no acto de presentación da candidatura do PP de Lourenzá que deu a coñecer José Manuel Barreiro.
Nun abarrotado salón de plenos da Casa Consistorial, José Manuel Barreiro animou á alcaldable e ao seu equipo a traballar duramente para seguir logrando os magníficos resultados acadados ata o de agora e continuar mantendo a un goberno popular ao fronte do municipio.
Barreiro cualificou a lista do PP de Lourenzá dun equipo serio e responsable, o axeitado, dixo, para que o municipio siga progresando como ata agora e tivo un especial recoñecemento para quen lidera esta candidatura, Emma Álvarez Chao, a quen definiu de persoa “traballadora, entregada e comprometida cos seus veciños”.
“Estamos ante unha lista de persoas xóvenes, cuxa media de idade oscila entre os 46 anos; equitativa, con 7 homes e 6 mulleres e renovada nun 63%. Conta con 7 novas incorporacións en relación a fai 4 anos e de 11 persoas, 5 figuran por primeira vez nunha candidatura”.

No hay comentarios: