martes, abril 28, 2015

O PP DA FONSAGRADA DISPOSTO PARA GAÑAR A ALCALDIA

José Manuel Barreiro,deu a coñecer de xeito oficial a lista coa que os populares fonsagradinos concorren ás eleccións municipais. A lista a compoñen: 1.Tobías Martínez Cotarelo, 2. Antonio Rodil Álvarez, 3. Adrián Bermúdez Díaz, 4. Ana María Peñamaría López, 5. María del Mar Fernández López, 6. Margarita Vázquez Vega, 7. Andrés Fernández Fernández, 8. Florentino López López, 9. Ana María Álvarez Gómez, 10. María Elsa Fernández Castrillón, 11. José Antonio Arias Fernández. Suplentes 1. Jorge López Morado.
Barreiro animou á candidatura que encabeza Tobías Martínez a traballar para gañar a alcaldía e poñer fin ao actual goberno socialista, a quen definiu de máquina electoral posto que “solo traballa para fabricar votos, sen pensar no futuro do concello”. Barreiro ve na candidatura fonsagradina a persoas honestas, serias e moi cercanas. Manifestou que reúne todos os requisitos necesarios para ser o futuro goberno de A Fonsagrada, polo que os animou a traballar duramente para conseguir a alcaldía e rematar con este desgoberno socialista.
Pola súa banda, Tobías Martínez manifestou que o seu reto é gañar a alcaldía para situar á Fonsagrada onde se merece. Insistiu en que o seu equipo non escatimará o mínimo esforzo para gañar as eleccións e devolver ao municipio todo o perdido neste tempo. Explicou Martínez que a candidatura, totalmente paritaria, presenta catro novas incorporacións, onde se atopan mestres, ATS, gandeiros e funcionarios. “Traballaremos duramente para gañar e facer unha forma distinta de política”- manifestou o popular, quen achacou ao actual goberno “traballar unicamente para facer votos e ter aos amigos contentos”. Manifestou que de ser alcalde elaborará un orzamento municipal con vistas ao futuro e impulsará un proxecto capaz de xerar maior ilusión entre os veciños, pois confía nunha Fonsagrada máis ambiciosa, no conxunto da comarca e da provincia e de maior sintonía cos Executivos Central e Autonómico.

No hay comentarios: