miércoles, abril 08, 2015

JOSE MANUEL MATO CANDIDATO EN PARADELA

José Manuel Mato, actual rexedor de Paradela, optará a reelección como alcalde a este municipio. Barreiro destacou a forte implicación e dedicación do candidato popular cos veciños de Paradela, quen elección tras elección premian a súa labor con amplas maiorías absolutas.
O presidente popular agradeceu o compromiso público do actual rexedor e candidato popular, algo que se reflicte a través do traballo que desempeña dende 1979 á fronte do Concello. 
Pola súa banda, o actual alcalde de Paradela, que tamén é deputado provincial, di afrontar esta nova lexislatura con ganas e insiste en que seguirá na súa liña emprendida: traballando polas necesidades dos seus veciños e polos proxectos para o municipio.

No hay comentarios: