lunes, abril 27, 2015

JESUS VAZQUEZ TAMEN PASARA DO CHOFER DA ALCALDIA

O transporte público será principal medio que utilicen os concelleiros do goberno municipal de Ourense, nos seus desprazamentos de traballo e institucionais, se o 24 de maio Jesús Vázquez Abad acada a Alcaldía da cidade. "Se son alcalde, non terei coche oficial", afirma o candidato popular, ao ter en conta que "Ourense é unha cidade pequena, cómoda para camiñar e cun servizo de transporte público excelente".
Por elo, o transporte oficial do próximo goberno da cidade de Ourense será o transporte público, a través dun convenio coa Asociación Provincial de Taxis de Ourense e o uso do autobús urbano entre o alcalde e os concelleiros do seu equipo. Este é o compromiso do candidato Jesús Vázquez, nun tempo no que "é necesario optimizar os nosos recursos, eliminar gastos innecesarios e contribuir na medida do posible a desconxestionar o tráfico e a fomentar un uso sostible e máis ecolóxico do transporte".
Por elo, se preside a Corporación Municipal, Jesús Vázquez suprimirá un dos actuais postos de persoal de confianza máis criticados nos últimos oito anos: o de chófer de Alcaldía. "O Concello ten un parque móbil con vehículos utilitarios e unha plantilla de conductores que nunca fixeron necesario un chófer non funcionario para o primeiro edil". Ademáis, o custe do posto de chófer de Alcaldía (353.000 € en oito anos, resultado do salario e a aportación á Seguridade Social), será adicado a engrosar partidas de carácter social, cultural e deportivo.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Para chófer supondremos que colocará a Araújo.

BETADINE dijo...

EU FAGO UNHA, REFLEXION

XA LEVAMOS TEMPO CON ALCALDES, E NINGÚN RENUNCIO O VEHÍCULO OFICIAL.
POR ALGO SERA?

CUIDADO CON ESTAS PROPOSTAS, QUE SE COMENZAMOS ASÍ,, ACABAMOS FALANDO COMO O JACOME, DOS FUNCIONARIOS DO CONCELLO..

HAI SITIOS ONDE RECORTAR JESÚS, PERO MOITOS SITIOS..XA TE INFORMARAN DE ONDE..

COIDADO COAS PROMESAS JESÚS..TÍ PROMETE E LOGO XA FALAREMOS DE QUITAR E POÑER..

E UNHA PROMESA POIS AGORA EN AUTOBUS,,XA O SABES..

SOBRE A ENQUISA XA ESTA VISTO PRA SENTENCIA,, QUEDAREMOS EN 10 OU 11 E O QUE HAI..

DE CHOFER NON SEI QUEN FARA? IGUAL A FRANQUEIRA, AINDA EU IRÍA CON ...

HALA UNHA APERTA

BETADINE dijo...

E EU DIGO
QUE XA DIXECHES QUE O PERSOAL DE CONFIANZA O XUSTO.
AGORA QUE NON VAS TER UN COCHE OFICIAL, QUE TEN UN CUSTO DE 44000 EUROS ANUAIS, CON ISES EUROS, POUCO FARÁS JESÚS OU XESÚS.

O DE FEIJOO E VENDER OS COCHES DA XUNTA, SAIU COMO SAIU, UNHA RUINA,.

ASÍ QUE CANDO GOBERNES TERAS TEMPO DE SABER ONDE RECORTAR OU NON..

EU PENSO ASI, PERO SI O TEU MENTOR, FEIJOO, FIXO O MESMO, E VENDEUSE NISE MOMENTO, AGORA XA NON COLA..

HALA VOU DORMIR

UNHA APERTA

Anónimo dijo...

Non vai ter ese problema, non vai gobernar.

Anónimo dijo...

Nadie del PP lo tuvo tan fácil para gobernar Orense como el candidato actual, porque en frente no hay nada más que el caos. Sin embargo, la impresión que hay en la calle es que no va a sacar más concejales que los actuales. Más bien menos, con lo cual si quiere gobernar tendrá que hacerlo con DO, que puede sacar perfectamente 5 ó 6 concejales dada su excelente labor de única oposición al disparate socialista. Ahora bien, ese apoyo será a cambio de levantar las alfombras del Concello de Ourense, auténtico nido de corrupción, enchufismo y despilfarro durante décadas por parte de PP, PSOE y BNG. Veo a Jesús muy poco decidido para hacer una labor semejante.

Por tanto, nos vamos a divertir de lo lindo.

Anónimo dijo...

Para el de las 9:31, el comentario que mejor resume la situación de Ourense.

Anónimo dijo...

Para qué quiere coche si no lo va a necesitar?. Creo que este tipo de ocurrencias pre-electorales, son el chocolate del loro. Si fuera Alcalde, no hay nada más rentable que traer desde donde sea (Ourense, Madrid, Bruselas...) inversiones para la ciudad. Y el supuesto gasto de un desplazamiento es, en realidad, una inversión. Es verdad que para ir a Rairo, o a Guizamonde, o a Vilar de Astrés, o a la Rabaza, o a Seixalbo, etc., puede ir perfectamente en autobús. Además, así se entera de las dificultades in situ. Pero a los ciudadanos hay que animarlos y convencerlos con propuestas algo más sólidas y de calado. Por esa vía, no se si llegará a los 12 que pronostica la encuesta.