miércoles, abril 15, 2015

II XORNADAS DE TURISMO NN.XX. MONDOÑEDO

A presidenta de Novas Xeracións  de Mondoñedo, Beatriz Meilán, anunciou  que o próximo sábado terá lugar o segundo encontro práctico para o estudo do potencial turístico local e a súa dinamización.
Meilán explicou que a programación da II Xornada de Turismo desenvolverase en horario de mañá, entre ás 10:30 e as 13:30 horas, e de tarde, entre as 16:30 e as 19:00 horas, no Seminario Santa Catalina de Mondoñedo.
A presidenta de Novas Xeracións asegurou que a través desta xornada buscamos “afondar na aprendizaxe dos pasos a seguir para que repunte unha actividade cuns valores indiscutibles para a localidade”. Así, se no primeiro encontro “escoitamos outros casos de referencia no desenvolvemento turístico, nesta ocasión a xornada céntrase especialmente no potencial turístico da localidade na área cultural e de patrimonio histórico”.
Meilán puntualiza que a través de expertos no sector, tanto do ámbito privado como da administración, así como de representantes da hostalería mindoniense, buscamos unha análise das “carencias visibles e de posibles formas de corrixilas”.
Por último, a moza popular engade que esta actividade está organizada por Novas Xeracións en colaboración co PP local e encádrase, polo tanto, no marco das diferentes iniciativas que están a desenvolver os populares na localidade co único obxectivo de saber aproveitar os recursos de Mondoñedo e fomentar, polo tanto, o turismo local.
Entre os pasos dados polo PP local atópase o impulso dun plan de turismo local a través da colaboración na reorganización dos recursos turísticos como na creación de paquetes turísticos, o coñecemento de primeira man doutros casos concretos e colaboración con eles, a reunión con expertos, a participación en Fitur.

No hay comentarios: