martes, abril 07, 2015

FERNANDEZ LOPEZ REPITE POLO PP DE PEDRAFITA

Xosé Manuel Barreiro, anunciou que José Fernández López repetirá como candidato dos populares á alcaldía de Pedrafita de O Cebreiro, e o animoua esforzarse e traballar duramente para gañar e situar a este municipio de A Montaña no lugar que merece.
É a terceira vez que Fernández López encabeza a lista dos populares nesta localidade e di facelo con moitas forzas e ganas. Comprométese a traballar duro para desbancar ao PSOE do Goberno e facer deste Concello un lugar para todos.
José Fernández López, naceu o día 7 de marzo de 1953. Diplomado en Dereito Tributario e Asesoría Fiscal, está casado e ten dúas fillas. No que atinxe a súa traxectoria política, exerce de voceiro popular neste municipio dende o ano 2007.

No hay comentarios: