miércoles, abril 15, 2015

BRAÑA LOPEZ REPITE COMO CANDIDATO

José María Braña López volverá a encabezar a candidatura popular en Negueira de Muñiz de cara aos comicios municipais. Barreiro instou ao candidato a esforzarse e a traballar duro para gañar a alcaldía e rematar así con estes anos de desgoberno socialista.
Pola súa banda, Braña López, agradeceu a confianza mostrada pola dirección do partido para liderar este proxecto e comprometeuse a traballar intensamente para que os veciños confíen no PP como forza para gobernar este municipio.
O alcaldable, que encabezou a candidatura popular neste municipio en varias eleccións municipais, naceu en Negueira o 16 de xaneiro de 1960, está casado e ten un fillo. É persoal laboral da Consellería do Medio Rural.

No hay comentarios: