lunes, abril 27, 2015

A GUIA DA RECLAMACIONS DA XENTE

Feijóo afirmou que o Programa-Marco do PP de Galicia para as eleccións municipais “é a guía das reclamacións da xente” e apuntou que “ante os únicos que temos que responder é ante os galegos”. Neste sentido, manifestou que este programa “eleva o listón das nosas expectativas económicas, da xeración de novas oportunidades, das esixencias éticas aos representantes públicos e da participación e comunicación cos veciños, porque teñen que ter fío directo cos seus representantes municipais 24 horas e 365 días ao ano”.
Feijóo iniciou a súa intervención lembrando que “desde o día de onte os veciños de Vigo e a súa área metropolitana teñen un novo hospital público, porque rematouse a construción e a empresa construtora entregou a obra a quen sempre dixemos que sería e sería o seu propietario: a administración pública, é dicir, os cidadáns”. “E desde xa, ponse en marcha o proceso de traslado para que se poida prestar un mellor servizo público aos vigueses, polo que só hai un partido que acadou trasladar esta promesa do seu programa electoral á realidade: o Partido Popular”, apuntou.
Ademais desta importante obra en Vigo,  recordou outras actuacións levadas a cabo pola Xunta nas grandes cidades galegas nos últimos catro anos, como a Terceira rolda ou o túnel do Parrote en A Coruña; o novo edificio xudicial ou a ampliación do hospital público en Ourense; a restauración da Catedral ou a estrada Brión-Noia na comarca de Santiago; a construción do auditorio ou a restauración da muralla en Lugo, a autovía de Sarria e o equipamento do novo hospital público; a nova Ponte de Correntes, a variante de Marín, ou o proxecto do novo edificio xudicial en Pontevedra; o novo auditorio, o saneamento da ría, o impulso ao Porto Exterior e o proxecto para ‘Abrir Ferrol ao mar’ en Ferrol.
“Mentres outros quedaron nas palabras, outros dixemos que faríamos o que fixemos; mentres outros quedaron na mentira, outros dixemos sempre a verdade da situación económica na que estábamos e estamos; e mentres outros quedaron na comodidade da simple crítica, outros puxemos todo da nosa parte para sobrepasar as dificultades”, indicou.
“Este programa eleva o listón das nosas expectativas económicas, para seguir reducindo o paro e logrando o crecemento da economía; eleva o listón da xeración de novas oportunidades, que queremos garantir en cada concello e pensando especialmente nos máis novos; eleva o listón da necesidade dunha maior cooperación, tanto mediante as fusións de feito como a través das fusións de dereito que os concellos acorden voluntariamente; eleva o listón das esixencias éticas aos representantes públicos; eleva o listón da participación e comunicación cos veciños; e, en definitiva, eleva o listón do que se fixo nos concellos nestes catro anos”,

1 comentario:

Anónimo dijo...

A xente non ten nada que reclamar. A xente é paciente. A xente é sensata. A xente é prudente. Pero a xente non é tonta. E cada catro anos (en eleccións municipais) elixe a quenes considera poden exercer o seu labor axeitadamente. E non valen excusas de última hora. As campañas valen de moi pouquiño. O que non se fixo en catro anos, non pode facerse nunhas semanas. E si provocas un cambio radical, non podes agardar que a xente comulgue con rodas de muiño. Porque os e as paracaidistas están moi ben no exército do aire. Pero para gobernar os concellos hai que ter xente que pise no chan. E coñeza os problemas das persoas. Esa é a verdadeira política. O demáis son lerias. A suposta boa imaxe dun candidato remata o día no que resulta elexido ou non.