jueves, marzo 05, 2015

XUNTANZA DE MULLERES DO PP DE LUGO

Con motivo do día internacional da muller, a Comisión provincial do PP de Lugo organizou onte un encontro con mulleres da provincia que teñen ou tiveron un cargo de responsabilidade política.
O obxectivo desta xuntanza, que estivo presidida pola lucense  Susana López Abella, así como pola propia coordinadora da comisión provincial da muller, Mari Teijeiro, foi conmemorar esta data e por en valor o traballo que leva facendo a formación política a prol da igualdade de oportunidades.
López Abella manifestou que a labor desenvolvida polos populares nestes últimos anos amosa o traballo por unha igualdade real coas políticas e resaltou o compromiso de moitas mulleres con propostas sociais, económicas e políticas certeiras ao fronte de Institucións e Órganos de Goberno.
Neste senso,explicou que a formación política á que pertence atribúe funcións de responsabilidade a mulleres que teñen una visión moi clara sobre as necesidades, os intereses e o benestar da cidadanía.
“O PP conta con mulleres para o desenvolvemento dunha sociedade máis igualitaria e democrática na que primen os valores políticos da xustiza social e a equidade”.
Pola súa banda, a coordinadora provincial da Comisión da Muller, Mari Teijeiro asegurou que o Partido Popular confía nas mulleres para o desempeño de postos de responsabilidade en cargos orgánicos e Lugo é unha mostra desta aposta polas mulleres.
“Son moitas as mulleres da provincia que ocupan postos de responsabilidade no goberno do Estado, na Xunta de Galicia e en numerosos concellos”, lembrou Teijeiro, quen destacou o papel de Lourdes Yáñez ao fronte da Secretaría da Xunta Local, nun traballo minucioso ao servizo da cidadanía ao lado de Castiñeira.
A popular explicou que a provincia conta cunha voceira ao fronte da Deputación, Elena Candia, e con alcaldesas en diferentes concellos como Lourenzá, Triacastela, Caurel e salientou que o PP confía en mais mulleres para poder acceder a unha alcaldía como Julia Rodríguez en Monforte, Pilar Varela en Monterroso, María Gómez Pallín en Castroverde, Ángeles Lenza, en Pol ou Remedios González Cabarcos, en Rábade.
“Nesta confianza, a Xunta de Galicia tamén ten un lugar para mulleres da provincia e o líder dos populares galegos e presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, nomeou a varias lucenses ao fronte de órganos de xestión e de Goberno como a propia Susana López Abella ao fronte da Secretaría Xeral de Igualdade, Coro Piñeiro na Secretaría Xeral de Política Social, Raquel Arias na Delegación Territorial da Xunta”, concluíu.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

solo se reunen cando hay eleccións e aplaudense entre elas como se fose algo inaudito todo aquelo.

jejeje, que bonito.

Anónimo dijo...

no va Paula Prado este año?

Anónimo dijo...

Esta tal Raquel Arias parece "culo de mal asiento". A ella le va aquella canción de Cecilia. El niño en el bautizo, la novia en la boda, el muerto en el entierro. ¿No se dará cuenta de que solo es una mujer?. ¿No será capaz de ver que como ella hay un sinfín de señoras competentes, preparadas, con buena imagen?. Y si no se da cuenta, ¿no habrá un alma caritativa que se lo recuerde?.