miércoles, marzo 25, 2015

UN LIBRO, UNHA OPORTUNIDADE

Dende Novas Xeracions de Xinzo de Limia, lembran que están a levar a cabo a campaña de recollida de libros e material escolar, "Un libro, unha oportunidade", co obxectivo de que todo o recadado sexa para Aldeas Infantiles e asi se poda destinar aos nenos en idade escolar dos países en vías de desenvolvemento.
Para recoller o material, os interesados en doar pódense por en contacto a través do mail da organización, para que os membros da mesma poda achegarse a recoller as donacions, ademáis a organización dispuxo para todos aqueles que o queiran unha caíxa na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, para recoller as donacions, ademáis de recollelas na sede local do partido, situada no Multicentro no primer andar.
O presidente de NNXX de xinzo, José Antonio Parente, quere salientar a importancia desta campaña para que todos os nenos e nenas podan recibir unha educación moi necesaria, ademáis de agradecer todo e calquera tipo de donación que, por pequeno que sexa, non deixa de ser moi importante.

No hay comentarios: