miércoles, marzo 18, 2015

SEMANA DE BARRIOS DO PP DE BURELA

O Partido Popular de Burela pechará nesta semana a primeira ronda de reunións con veciños polos distintos barrios de Burela, nas que se está a explicar os feitos e actuacións que desde o goberno municipal se levaron e se están levando a cabo, así como se están a recoller suxerencias para elaborar o programa electoral.
O PP reuniuse hasta ahora en cinco barrios distintos, e nesta semana tén previsto reunirse cos veciños da zona das Calles Novas e da zona de O Porto.
De feito, onte, martes,  o PP local reuniuse con veciños das Calles Novas no Bar Arenal. Hoxe, mércores, será con veciños da zona do Porto, no Valle de Oro.
Por outra parte, os populares de Burela “consideran rematada a primeira fase de reunións con colectivos e asociacións, unha ronda de contactos que tivo moita participación de asociacións, e que foi mui positiva tanto valoración do traballo feito polo equipo de goberno como na aportación de novas ideas para elaborar o programal electoral”.
“O certo é, afirman desde o PP de Burela, que o doble proceso con veciños e asociacións está resultando mui positivo, o que trae consigo que o programa electoral que se presente sexa mui participativo e que recolla moitas cousas das aportadas e recollidas por asociacións o nas reunións con veciños”.

No hay comentarios: