lunes, marzo 02, 2015

REUNION DO COMITE DE CAMPAÑA DO PPOU NO CARBALLIÑO

Tal e como ven realizando nas últimas semanas, o Comité de Campaña Provincial do PP de Ourense mantivo unha nova reunión cos candidatos e presidentes locais, esta vez cos integrantes da Xunta Electoral de Zona de O Carballiño (Beariz, Boborás, O Carballiño, O Irixo, Maside, Piñor, Punxín, San Amaro e San Cristovo de Cea).
Este encontro, ao igual que sucedeu coas reunións mantidas coas xuntas electorais de zona de Ribadavia, Xinzo e Ourense (incluíndo á cidade, na que estiveron presentes os presidentes dos nove distritos), serviu para a posta en común de propostas que nutran o programa electoral provincial, así como a planificación de actos da próxima campaña electoral.
O candidato á Alcaldía de O Carballiño, Argimiro Marnotes, que exerceu de anfitrión, destacou que "a riqueza termal que temos na provincia non pode pasar desapercibida nos nosos programas electorais, sobre todo nas vilas de marcada natureza termal, xa que o futuro pasa por significarnos cun dos nosos maiores valores, algo que nos diferencia de calquer outro territorio do mundo". Por elo, esta riqueza natural de Ourense será un dos puntos clave do programa electoral provincial dos populares ourensáns.
Pola súa banda, o coordinador do Comité de Campaña Provincial, Jorge Pumar, encargado de presidir a reunión, recalcou que "a 85 días da cita coas urnas do 24 de maio, somos a única forza política que está preparada para formar gobernos sólidos que xestionen os 92 concellos de Ourense dende o minuto 1", e animou aos candidatos e presidentes locais "a seguir traballando como ata o de agora: ao carón da xente, escoitando e dando respostas ás súas necesidades".

No hay comentarios: