viernes, marzo 27, 2015

PARADA VEIGA CANDIDATO DO PP DE POBRA DO BROLLON

Xosé Manuel Barreiro anunciou ao número un da lista dos populares na Pobra do Brollón. Trátase de Fernando Parada Veiga, un funcionario de correos, que exerce esta labor no propio municipio. Nado en Saa, Pobra do Brollón, en 1959, leva doce anos en política local, desempeñando a labor de edil. Actualmente exerce de voceiro popular no municipio. 
Xosé Manuel Barreiro animou ao alcaldable popular a traballar para gañar a alcaldía e situar a este Concello da zona sur da provincia de Lugo onde se merece. Pola súa banda, Parada Veiga agradeceu ao partido a confianza depositada na súa persoa para este acometido e dixo que se esforzará para lograr o reto de gañar a alcaldía. Dixo tamén que traballará dende a responsabilidade e honestidade e sempre atendendo as peticións e demandas dos veciños.

1 comentario:

Benxamin dijo...

Nacido en Saa (A Pobra DO Brollón)

La Ley de normalización lingüística [3/1983, de 15/06/1983] establece en su art.10 que "los topónimos de Galicia tendrán como única forma oficial la gallega", que "corresponde a la Xunta de Galicia la determinación de los nombres oficiales de los núcleos de población” y que "estas denominaciones son las legales a todos los efectos y las rotulaciones tendrán que concordar con ellas". Del mismo modo, todos los nombres de entidades de población de los municipios de Galicia están fijados desde hace más de una década en el Nomenclátor, aprobado por el gobierno gallego.