jueves, marzo 19, 2015

O PP DE PONTEVEDRA PRESENTA OS SEUS CANDIDATOS

O PP da Provincia de Pontevedra presenta hoxe de forma conxunta a todos os candidatos ás alcaldías dos concellos da provincia, nun acto no que estarán arroupados por preto de 900 persoas. Ademais de Rafael Louzán, tamén asistirá  Feijoo, e está pendente de confirmación a asistencia de Ana Pastor.
A secretaria xeral do partido provincial, Rocío de Sinde, acompañada polo secretario de organización, Luis Serantes, presentaron o acto, que se desenvolverá desde as 20.00 horas no Auditorio de Afundación, en Pontevedra. Explicaron que o obxectivo que se marca o PP provincial para o 24 de maio é revalidar as 62 vitorias que xa se conseguiron na provincia, e pasar das 48 alcaldías actuais a 62 concellos gobernados por alcaldes e alcaldesas do PP. Neste sentido, Rocío de Sinde manifestou que as persoas que encabezan as listas de cada concello son os mellores candidatos para conseguir estes resultados. A lista que presenta o PP provincial conta cunha renovación do 25% dos candidatos.
Tanto Rocío de Sinde como Luis Serantes agradecen o cambio de criterio de Afundación para alquilar o auditorio aos partidos e deste xeito poder organizar un acto que acolla á gran demanda de persoas que queren acompañar mañá a todos os candidatos. "Un local cun aforo e cunhas instalacións dignas en Pontevedra", matizou durante a presentación o secretario de organización, que convidou ao alcalde da cidade a "facer os seus deberes e suplir as carencias de infraestruturas co coidado das que xa existen". Neste sentido, manifestou que "as instalación do concello están deterioradas, teñen falta de limpeza e falta de medios técnicos".

No hay comentarios: