martes, marzo 03, 2015

JUAN SERRANO CANDIDATO DO PP EN PORTOMARIN

O actual rexedor de Portomarín, Juan Serrano, volverá a encabezar a lista dos populares neste concello nas vindeiras eleccións municipais do mes de maio. Barreiro puxo en valor o compromiso do popular cos seus habitantes e definiuno coma un alcalde entregado aos seus veciños e que traballa a prol das súas necesidades.
Con esta, é a terceira vez que Serrano concurre á alcaldía de Portomarín e di facelo coa mesma finalidade: “con honestidade e pensando única e exclusivamente no ben de todos os meus veciños e do municipio”. 
Gandeiro de profesión, nado en Portomarín, o 31 de xuño de 1965, Juan Serrano é empresario. Ten tres fillos. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou por primeira vez a candidatura dos populares deste concello, ao relevar ao por entón alcalde Eloy Rodríguez. No ano 2011 recuperou a alcaldía e, logo da conformación dun equipo unido e sólido, foi quen de obter a confianza maioritaria dos veciños desta localidade. Dende maio de 2013 é o presidente da agrupación local neste municipio e no que atinxe ao comité executivo está nomeado coordinador sectorial de industria.

No hay comentarios: