lunes, marzo 16, 2015

JESUS VAZQUEZ EMPAPASE DE URBANISMO OURENSAN

O ciclo de actos sectoriais cos axentes sociais da cidade, organizado polo PP de Ourense, continuou esta fin de semana co obxectivo de recabar todas aquelas ideas, suxerencias e demandas que lle transmita a sociedade ourensá ao candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, de cara á elaboración do programa electoral.
Vintecinco técnicos expertos en Urbanismo compartiron un encontro no que estivo presente o candidato popular á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez; acompañado pola parlamentaria autonómica Marta Rodríguez-Vispo e a concelleira Mónica Mourelo
Dada a importancia que ten a situación urbanística da cidade,  é a primeira de catro reunións sectoriais centradas no Urbanismo, que se desenvolverán con constructores, empresarios inmobiliarios e propietarios de fincas urbanas, despois da de hoxe, eminentemente técnica (con arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros, enxeñeiros técnicos, etc).
Jesús Vázquez, lembrou que o arranxo da situación urbanística da cidade é unha prioridade inmediata para o vindeiro mandato. Por elo, púxose a disposición dos técnicos para que eles expuxesen aos seus requerimentos, ideas e suxerencias para acadar solucións conxuntas á situación da ordenación municipal. Deixou claro, tamén, que o programa electoral que defenderá "estará conformado por propostas concretas que sexan ambiciosas, realizables e realistas". E no tocante ao Urbanismo, ofreceu, como en todo o que implican os intereses xerais da cidade "máximo diálogo".
Unha cidade "para vivir" foi a primeira premisa que puxeron sobre a mesa os técnicos, onde haxa cabida para zonas verdes e novas infraestruturas. E, ao igual que teñen exposto a maior parte dos colectivos cos que se leva reunido o candidato Jesús Vázquez, destacaron a necesidade de contar de inmediato co Transporte Metropolitano. "Se traemos xente a través do AVE á nosa cidade, debemos ter algo para ofrecerlles", destacaron. Así, consideraron que aspectos como o Termalismo deben estar contemplados para que se consolide como unha realidade, e algún dos técnicos presentes na reunión recalcaron que o actual PXOM aprobado inicialmente "non ten referencia algunha ao Plan Estratéxico Termal, un documento clave para o desenrolo deste ámbito. Como vai haber Termalismo se non temos solo onde desenvolvelo?", se preguntaron.
Un PXOM "seguro dende o punto de vista xurídico" foi outra das premisas que se puxeron enriba da mesa, onde o diálogo co equipo redactor sexa fluído, canalizando deste xeito as demandas cidadás con respecto á ordenación municipal. De feito, recalcaron tamén que "para acadar unha cidade para vivir, hai que escoitar á xente. Algúns dos técnicos presentes calificaron ao actual documento aprobado inicialmente como "apresurado e mal resolto técnicamente". Tamén incidiron algúns na súa "insostenibilidade económica, unha utopía totalmente irrealizable", con datos como 530 hectáreas de zonas verdes, "que ninguén sabe cómo se van acadar e, sobre todo, manter. O urbanismo de papel non sirve para nada".
O solo industrial, as comunicacións (sobre todo no que concierne á estación do AVE e a propia integración da Alta Velocidade), as infraestruturas e o PERI do Casco Histórico foron outros dos aspectos que se destacaron. "O PXOM debe ser o vehículo que mova a Ourense, un Ourense que hoxe en día está parado".

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Pois como o candidato non patee as calles levao moi crudo. Moita reunión, moito despacho e pouco máis.

Anónimo dijo...

El urbanismo en Ourense ha sido una verguenza desde siempre. Esperemos que se respeten los derechos de los propietarios de suelo y no vengan los intentos de pelotazo como siempre.

Anónimo dijo...

Reunirse con asociaciones, colectivos y vecinos es importante. Pero también lo es decir con qué personas se cuenta para abordar el proyecto. Y no son lo mismo unos y unas que otros y otras. Mientras no esté claro qué personas se van a encargar de cada área -caso de obtener el respaldo en las urnas-no va a ser posible que los ciudadanos se crean nada. Así que, primero el proyecto y las personas, y después lo demás.

BETADINE dijo...

HAY TEDES A LISTA PARA MAIOR GLORIA DO PP DE OURENSE
JESUS VAZQUEZ
MARIA JOSE BARBOSA
JORGE BERMELLO
MARTA RODRIGUEZ VISPO
ELENA RIVO
JULIO PROL
MONICA MOURELO
CARLOS CAMPOS
CELSO DELGADO
BELEN IGLESIAS
CUDEIRO
ROSENDO
PEPE ARAUJO
HALA HAI A TEDES NON HAI PROBLEMA
HALA UNHA APERTA

Anónimo dijo...

Betadine,coma sempre nos últimos tempos non tes nin idea,menos no primero erras en todos ,hale unha aperta,enterao..,

Anónimo dijo...

En la presentación de ayer, estuvieron algo flojos los cuatro (Rosendo, Baltar, Núñez y Jesús). Pero el que tenía que tener más ímpetu, porque le va el futuro en ello, es al candidato. Y estuvo monocorde. Da la impresión de que no tiene fe en la victoria. Y eso se nota. No transmite ánimo. No transmite nada.