lunes, marzo 02, 2015

JESUS VAZQUEZ E O SEU MODELO PARA OURENSE

No marco da Convención Popular'15, o candidato popular á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez Abad, explicou o seu modelo de concello para os vindeiros catro anos. Foi durante a súa intervención no encontro con dirixentes "Novos Modelos de Concellos".
Durante a súa intervención,   sinalou que afronta o reto con ilusión e ganas por mudar a inercia na que se atopa sumido o Concello de Ourense. "Quero devolverlle a ilusión aos ourensáns. Devolver ao Concello á normalidade, con propostas en positivo, desterrando a crispación e conformando un goberno con xestores nos que os ourensáns se sintan ben representados".
Jesús Vázquez dixo que a súa proposta está baseada "no que non se debe volver a facer nunca". "Queremos reflexar o que nos pide a xente día a día, buscando novos modelos que resolvan os problemas dos nosos veciños. A xente quere vivir en cidades normais, con xente normal, gobernadas por xente honrada, preparada que plantexan proxectos de futuro primando a colectividade".
"Só a xente de Ourense pode entender o porqué da miña proposta de normalidade, porque só a xente de Ourense sabe o que viviron nestes últimos anos". Jesús Vázquez explicou que o seu modelo de cidade debe ser accesible, cómoda, cun goberno eficaz, onde o protagonismo o acaden os seus logros e non as liortas de equipos de goberno mal achegados. Fai falta honestidade, xestión e diálogo. Compre un consenso que debe nacer do diálogo, da análise e o respeto mutuo. E é moi necesario rachar coas desigualdades e as barreiras, cunha administración local áxil e cos seus xestores conectados co día a día, cos cidadáns, e mantendo o máximo respecto cara os funcionarios. E non podemos esquecer os servizos sociais e o emprego".
Pese á "desastrosa herdanza", Jesús Vázquez abogou polas políticas activas baseadas "naquelo que sabemos facer ben e naquel recurso inimitable que temos: a nosa riqueza termal. A Deputación, a Xunta e o Goberno Central deben axudarnos a explotar ese caudal, non só para o desfrute dos ourensáns. Toda Galicia e toda España debe disfrutar das nosas bondades termais". Por último, concluiu afirmando que "con feitos, e cun goberno de todos e para todos, conseguiremos rachar co populismo".

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Como cambió Jesusito. Antes de que fuera político JAMÁS hablaba en gallego.

Anónimo dijo...

Pues los militantes de Ourense no nos hemos enterado, y con la gente que se ha juntado contradice todo lo que ha dicho, gente a un paso de imputar, otros con las facturas falsas de La Región, ufffffff.....

BETADINE dijo...

SE O FINAL O CHAMAREDES, DON JESÚS,

POIS, AINDA TEMOS 10 CONCELLEIROS SEGÚN AS ENQUISAS INTERNAS,,

TEMOS FÉ EN ACADAR A ALCALDIA, CERCA DA MAIORÍA ABSOLUTA..A MAIORÍA SIMPLE XA A TEMOS..
HA TOMAR VIENTO, O JACOME..
HA LISTA PRA SEMANA QUE BEN IGUAL XA SE SABE ALGO.

EU APOSTARÍA A QUE CUDEIRO, IRÁ NA LISTA

HALA UNHA APERTA