lunes, marzo 09, 2015

HOMENAXE DO PPOU NO DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Cun sinxelo e emotivo acto de homenaxe, no cemiterio de San Francisco, conmemorou esta fin de semana o PP de Ourense o Día Internacional da Muller. Ao acto, que se desenrolou frente á sepultura de Olga Gallego, acudiron cargos electos e simpatizantes do PPOU, entre os que se atopaban a coordinadora de Igualdade, María Antonia Rilo; o presidente local e actual portavoz municipal, Rosendo Fernández, e o candidato á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, quen ademáis de ensalzar o legado de Olga Gallego, tamén lembrou a Asunción González, a primeira vítima rexistrada de violencia de xénero na cidade, e Amalia Rosina Sánchez Gómez, esposa de Valentín Lamas Carvajal. Antes de pronunciar o seu discurso o candidato dos populares, Mari Luz Villar tamén lle adicou unhas verbas á homenaxeada este ano polo PPOU.

No hay comentarios: