viernes, marzo 13, 2015

ELENA CANDIA CANDIDATA A ALCALDIA DE MONDOÑEDO

Elena Candia López será a candidata do PP á alcaldía de Mondoñedo. Así o anunciou  José Manuel Barreiro, quen describiu á alcaldable como unha persoa “preparada, moi traballadora, responsable e honesta”.
Pola súa banda, a popular comprometeuse a seguir traballando polos seus veciños e intentar desbancar ao bipartito do goberno local para situar a Mondoñedo onde se merece. Candia sinalou que os populares mindonienses teñen un proxecto para a cidade, deseñado a impulso e a iniciativa dos propios veciños, que aspiran a recuperar o protagonismo perdido polo Concello. Sinala tamén que Mondoñedo, cunha xestión municipal máis acertada, pode liderar iniciativas en ámbitos tan importantes como o turismo, o emprego, os servizos sociais ou a potenciación do rural.
Cómpre poñer en valor a formación e experiencia desta avogada, experta en xestión administrativa que dispón ademais dun master en administración local. Natural de Mondoñedo, onde naceu en 1978, forma parte da Corporación Municipal desde fai doce anos. A nivel local foi edil delegada de servizos sociais e promoción de emprego entre os anos 2003 a 2007. Dende o 2007 exerce de voceira do Grupo Municipal e dende o 2008 de presidenta do PP de Mondoñedo. Candia exerce tamén como voceira do PP na Deputación de Lugo e, en calidade de vicesecretaria, pertence á executiva provincial e autonómica dos populares.

1 comentario:

Anónimo dijo...

¿Es esta la que quiere ser Presidenta de la Diputación, sin que la hayan elegido todavía concejala?. ¿Habrá oído alguna vez aquello de que no se debe vender la piel del oso antes de cazarlo?.