lunes, marzo 30, 2015

ACTO SECTORIAL DO MEDIO AMBIENTE DE JESUS VAZQUEZ

O ciclo de actos sectoriais con profesionais multidisciplinares da cidade, organizado polo PP de Ourense, continuou esta mañá co obxectivo de recabar todas aquelas ideas, suxerencias e demandas que lle transmita a sociedade ourensá ao candidato do PP á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, de cara á elaboración do programa electoral.
Unha vintena de profesionais do ámbito do Medio Ambiente, a mobilidade e a sustentabilidade compartiron un encontro no que estivo presente o candidato popular á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez; acompañado polas parlamentarias autonómicas Cristina Romero e Marta Rodríguez-Vispo, así como a ex concelleira Noelia Pérez.
Ao igual que no resto de actos sectoriais celebrados (Cultura, Urbanismo e Servizos Sociais Asistenciais), Jesús Vázquez deixou claro que o protagonismo do encontro é para os argumentos dos participantes. "Quero escoitar as vosas aportacións, as vosas reclamacións e as vosas propostas para mellorar esta cidade. Quero un Ourense mellor, para todos e conseguido entre todos. É o meu principal obxectivo e quero contar con todos vós".

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿En que quedamos?¿Jesús, Xesús o jesusito?

Anónimo dijo...

Después del 24 de mayo, nuestra preocupación está en si se queda en menos que Jesusito.