jueves, marzo 05, 2015

A 82 DIAS DAS URNAS

O Comité de Campaña Provincial do PP de Ourense continúa coas súas reunións cos candidatos e presidentes locais dos concellos de toda a provincia. A ultima estivo centrada nos integrantes da Xunta Electoral de Zona de Trives, cos represententes de O Bolo, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Larouco, Manzaneda, Montederramo, A Pobra de Trives, San Xoán de Río, A Teixeira, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
Na reunión, abordáronse dúas cuestións consideradas claves nesta zona da provincia. Por unha banda, a necesidade de fixar poboación que, como sucede actualmente no medio rural, é un dos problemas fundamentais da provincia. Todos os participantes no encontro sinalaron a importancia do fomento da cultura emprendedora, co fin de facilitar o asentamento de emprendedores que busquen a posta en valor e desenrolo dos recursos endóxenos do territorio.
No encontro, que serviu para recabar propostas que serán incluidas no Programa Electoral Marco Provincial do PPOU, o coordinador do Comité de Campaña, Jorge Pumar, recalcou tamén a importancia do patrimonio, tanto natural como monumental, que requerirá de plans específicos para a súa posta en valor e incidencia no crecemento económico da provincia. O coordinador da campaña provincial dos populares, recalcou tamén que outra clave fundamental será a aposta pola estación de montaña de Manzaneda como eixo do desenrolo comarcal, "un esforzo que se visualiza coa próxima entrada do gobierno da Deputación Provincial, presidido por Manuel Baltar, no accionariado de Meisa".
"A 82 días da cita coas urnas, temos moi claro que o PP é a única forza política capaz de convertir en realidades as necesidades que nos plantexan os nosos veciños", concluiu Jorge Pumar.

No hay comentarios: