jueves, febrero 05, 2015

UN LIBRO, UNHA OPORTUNIDADE

Novas Xeracións de Xinzo de Limia está a levar a cabo a campaña "Un libro, unha oportunidade", a través da cal están a recadar libros de texto e material escolar para os nenos dos países en vías de desenvolvemento.
A organización xuvenil destinará todo o recollido a Aldeas Infantiles. O presidente local de NNXX en Xinzo de Limia, José Antonio Parente Camino, chama á colaboración dos veciños e veciñas do concello e da comarca limiá para esta campaña: "Todos temos libros de texto da etapa escolar que por diversos motivos acaban gardados en caixas e poden ser destinados e axudar a estes nenos e nenas a familiariazarse coa cultura e a aprendizaxe do saber nas súas escolas."
Asimesmo, resalta Parente Camino que na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, na praza de Carlos Casares, estará situada dende o venres unha caixa para que todos aqueles que queiran colaborar coa campaña poidan depositar as súas axudas. Tamén poden poñerse en contacto cos membros da organización político-xuvenil a traves do correo electrónico da organización (novasxeracions.xinzo@gmail.com), e estés irán a recoller os libros e o material escolar. Dende Novas Xeracións de Xinzo de Limia agradecen de antemán todo tipo de colaboración que exerzan os veciños limiáns.

No hay comentarios: