lunes, febrero 02, 2015

PREPARANDO AS MUNICIPAIS NA COMARCA DE LEMOS

Jose Manuel Barreiro, reuniu a alcaldes e portavoces da comarca de Lemos e municipios limítrofes, para abordar distintos asuntos, entre eles, as liñas de traballo a seguir de cara ás vindeiras eleccións municipais. No acto estiveron presentes, ademais dos alcaldes e portavoces dos municipios de Lemos: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober, os de Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas de Sil, así como o secretario xeral dos populares lucenses e coordinador de campaña, Jose Manuel Balseiro.
O encontro encádrase dentro das convocatorias que está realizando o PP da cara ás eleccións municipais e se celebra tras os que tiveron lugar na Montaña de lucense e na comarca de Sarria.
Barreiro afirmou que o PP está preparado e tivo e terá os mellores equipos que, desde hoxe mesmo seguirán traballando para ofrecer aos cidadáns as receitas para facer dos pobos e cidades da provincia, neste caso da Comarca de Lemos, lugares de alta calidade de vida, benestar e de crecemento económico.
Barreiro incidiu en que un dos aspectos fundamentais na acción de goberno dos populares ten que seguir sendo xerar actividade económica para xerar emprego e, por outro, reforzar as políticas sociais que terá un papel preponderante no ámbito local.
Nesta mesma liña salientou que a comarca de Lemos é un dos espazos de investimento preferente da Xunta e mostra disto está en que aquí se centra a partida de maior contía de toda a provincia, a dirixida ao remate do corredor Lugo-Sarria-Monforte con 18 millóns de euros, a conexión do porto Seco, obras en estradas e na mellora do patrimonio cultural.
O presidente popular manifestou que o PP revalidará a confianza dos veciños desta comarca nas próximas eleccións municipais, non só onde se goberna senón ampliando alcaldías. Dixo que isto será posible polo bo facer e exemplo que teñen amosado os alcaldes e alcaldesas do PP realizando un traballo excepcional nun moi complicado escenario económico, demostrando que un concello gobernado polo PP é sinónimo de progreso.
“Ese é o aval do PP, a pesar do escenario co que se enfrontaron os últimos anos, os nosos alcaldes e alcaldesas conseguiron facer un traballo de primeira corrixindo esa situación e sentando as liñas para aproveitar máis e mellor a recuperación. Son exemplo para toda a comarca”

No hay comentarios: