lunes, febrero 09, 2015

PLANIFICANDO A CAMPAÑA EN OURENSE

A Casa da Cultura de Ribadavia acolleu esta fin de semana a primeira das dez reunións que o Comité Provincial de Campaña ten planificadas con todos os candidatos e presidentes locais nos partidos xudiciais da provincia.
A reunión estivo presidida polo coordinador do Comité Provincial de Campaña, Jorge Pumar; e polas responsables de Mobilización Electoral e Programa Electoral, Carmen Leyte e Cristina Romero, respectivamente, serviu para analizar cos candidatos e presidentes locais dos municipios de Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Cortegada, Leiro, Entidade Menor Local de Berán, Melón e Ribadavia, integrantes do Partido Xudicial número 2 da provincia de Ourense, a situación socieconómica de cada concello, así como as liñas estratéxicas que deben comprender os programas electorais locais, así como o programa electoral provincial.
O coordinador do Comité de Campaña, Jorge Pumar, destacou que "a 107 días das Eleccións Municipais somos a única forza política que temos o 100% dos candidatos e as ideas claras para os nosos veciños". Lembrou tamén que a iniciativa posta en marcha por parte do PP de Ourense correspondente aos Programas Electorais Participativos está contando con gran aceptación entre os veciños, tanto a través da web do Partido Popular de Ourense (www.ppou.es/Propuestas) como do número de WhatsApp (635 92 92 92) habilitado para recoller tamén as suxerencias e ideas que transmiten os ourensáns. "Esta iniciativa nos está resultando de gran valor para a confección dos programas electorais e animamos a todos os veciños dos 92 municipios da provincia a que continúen enviándonos as súas propostas", concluiu Jorge Pumar.

No hay comentarios: