miércoles, febrero 18, 2015

O PPOU MANTEN AXENDA HASTA NO ANTROIDO

Celebrouse a segunda das dez reunións que o Comité Provincial de Campaña do PPOU ten planificadas con todos os candidatos e presidentes locais nos partidos xudiciais da provincia.
A reunión  presidida polo coordinador do Comité Provincial de Campaña, Jorge Pumar; e pola responsable de Programa Electoral, Cristina Romero; o responsable de Actos Públicos, Pablo Pérez; e o responsable de Mobilización Electoral, Argimiro Marnotes, serviu para analizar cos candidatos e presidentes locais de parte dos municipios integrantes da xunta electoral de zona de Ourense, partidos xudiciais de Celanova e Xinzo de Limia (A Bola, Cartelle, Celanova, Cortegada, Gomesende, A merca, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás, Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo de Limia) , a situación socieconómica de cada concello, así como as liñas estratéxicas que deben comprender os programas electorais locais, así como o programa electoral provincial. Na reunión tamén se analizaron os prazos que prevé a lexislación para artellar todo o proceso electoral e a configuración das candidaturas que concurrirán aos comicios.
Jorge Pumar, explicou neste encontro as directrices da campaña electoral e abriu unha quenda de intervencións para que os candidatos e presidentes locais aportasen as súas propostas para continuar configurando os actos previstos, así como iniciativas para a súa inclusión nos programas electorais, tanto os locais como o de carácter provincial que presentará o PPOU. Jorge Pumar matizou que "a 97 días da celebración dos comicios, o PP de Ourense é a única forza política que ten designados aos seus candidatos nos 92 concellos da provincia e, ademáis, a única que garantiza gobernos locais sólidos e solventes a partires do 24 de maio".

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Cuidado con la capital de la provincia. Se nos ha impuesto un candidato que tendrá que contar con los distritos. Pero ya ha declarado en prensa que él tiene el apoyo de Santiago para hacer el equipo que considere oportuno. Habrá que decirle entonces que se busque el apoyo de Santiago para obtener los votos que necesita. No se puede ser tan torpe en tan poco tiempo.

Anónimo dijo...

Que el candidato de Ourense tenga el beneplácito de Santiago y presuma de ello, y diga que tiene libertad para hacer la lista, sin contar con los distritos, puede resultar toda una sorpresa en cuanto al resultado de mayo. Si sumamos todos y vamos juntos, es posible. Si nos creemos los reyes del mambo, tal vez nos encontremos con lo que no esperamos. Ya solo faltaba que Jácome nos de el "sorpaso".

BETADINE dijo...

HABER, SI VAI ESTAR COS DISTRITOS...PERO XESTORES,,,,ESO DE XESTORES..ATA ABRIL NON VAI DAR A LISTA..
ASÍ QUE A ESPERAR..A LISTA TERA O BENEPLÁCITO DE JOSE MANUEL..
E DICIR E NON É TAL E COMO O CONTAN..
IL XA SABE A LISTA A DÍA DE HOXE..XA SABE QUEN VAI IR...
SOBRE TODO OS 10 PRIMEIROS..E INTÚESE QUE SERÁ ASÍ..E FALARÁ CON BALTAR PARA ARRANXAR OS ULTIMOS DETALLES


O DOS DISTRITOS VAI CONTAR CON ALGÚN, SI É CERTO, PERO QUEDARANSE FÓRA UNS CUANTOS.

HAI ALGÚN DE ISES DISTRITOS QUE PASARÁ A FORMAR PARTE DA DIPUTACIÓN COMA DEPUTADO PROVINCIAL.

PORQUE IL TRAE O SEU EQUIPO ENTEIRO, COA SUA XEFA DE GABINETE, ONTE CESADA DE SANTIAGO..POLO TANTO OS QUE TRABALLAN NO CONCELLO AGORA SERÁ DIFÍCIL QUE SIGAN..
PERO TODO SERÁ VONTADE POLÍTICA..E TRABALLO ENTRE TODOS, E DE SEGURO QUE PODER, PÓDESE.

HALA UNHA APERTA..AVANZAREMOS ALGÚN NOME, MÁIS ADIANTE XA QUE DE AIKI A ABRIL AÍNDA QUEDA MOITO, SERÁ DESPOIS DAS ANDALUZAS CANDO DIGA A LISTA..
ANTES DA PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE BALTAR A PROVINCIA..
A DESCANSAR QUE É DE NOITE