lunes, febrero 16, 2015

O PPdeG ABRE O SEU PROGRAMAS AS ACHEGAS DOS CIDADANS


O coordinador do programa electoral do PPdeG, Pedro Puy, presentou as  ferramentas coas que facilitar aos cidadáns que fagan as súas achegas ao texto marco co que o partido presentarase as eleccións municipais.
Presentou unha páxina específica en Facebook que permitirá canalizar esas propostas coas que os cidadáns poderán participar no programa do PPdeG, e que servirá tamén como un foro de debate no que os dirixentes do partido conversarán e interactuarán cos usuarios que queiran acercarse a nós.
Ademais, o partido usará o seu perfil de Twitter para recibir ideas e suxerencias acerca do programa a través dun hashtag específico: #ProgramaPPdeG.
Estas accións en redes sociais complementan as reunións que o equipo redactor ven mantendo con diferentes colectivos por toda Galicia: xa tiveron lugar algunhas charlas con empresarios para atender as súas inquedanzas, e nos próximos días celebraranse outras con asociacións de moteiros, con outras do ámbito do medio ambiente e do benestar e mesmo con Unicef.
Os populares galegos desexan consensuar cos cidadáns o seu ideario de cara a estas eleccións porque serán eles os que se beneficiarán das propostas que implemente o PPdeG dende as administracións locais.
Puy avanzou que os prazos para presentar o programa seguen a estar vencellados á presentación do texto marco nacional que terá que fixar o PP, si ben si avanzou que o texto galego incidirá en catro ámbitos: o económico, o referido ao benestar, o relativo á eficiencia no gasto público e tamén no que atinxe á dignificación da vida política a través do traballo, do esforzo e da ética.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

jajajajajja

Anónimo dijo...

Puy? zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz ¿problemas na economía? zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz