jueves, febrero 12, 2015

O PP DE O CORGO SIGUE APOSTANDO POR FERREIRO GONZALEZ

José Antonio Ferreiro González será o candidato do PP á alcaldía de O Corgo. Barreiro puxo en valor a súa experiencia do actual alcalde e candidato ao fronte da vida local e manifestou as amplas maiorías acadadas en tódalas eleccións.
Nado en A Estación (Laxosa) o 2 de abril de 1944, José Antonio Ferreiro González está casado e ten tres fillos. Industrial de profesión, rexentou durante máis de tres décadas un almacén de materiais de construción e fábrica de piensos ata a súa xubilación.
O rexedor manifestou que seguirá traballando polo municipio e polos seus veciños e lembrou a cobertura dada de tódolos servizos básicos e que O Corgo é un dos concellos con máis rede de saneamento e abastecemento.

No hay comentarios: