lunes, febrero 16, 2015

O PP ASPIRA A GOBERNAR EN TODA A TERRA CHA

A bisbarra da Terra Chá foi a elixida pola dirección provincial do PP de Lugo para levar a cabo unha xuntanza con alcaldes, voceiros e edís. Unha reunión que se enmarca dentro dos encontros que o PP de Lugo está a manter por toda a provincia.
Lembrando que A Terra Chá é un dos partidos xudiciais de maior apoio ao PP,  Barreiro animou aos populares chairegos a continuar na liña emprendida de sempre e a seguir traballando, para lograr o vindeiro 24 de maio as tradicionais vitorias que se obteñen nesta comarca.
Sinalou que o PP traballa para gobernar en tódalas alcaldías da bisbarra, obxectivo que entra dentro do posible, considerando os resultados dos últimos procesos electorais nesta comarca, (autonómicas, xerais e europeas) nos que se rexistraron vitorias dos populares en practicamente tódolos concellos.
O líder dos populares lucenses animou aos seus a consolidar eses resultados e incluso, a melloralos; tamén os instou a facer unha campaña de proximidade, saíndo á rúa, para coñecer de preto as necesidades dos seus veciños e atender as súas demandas.
Concluíu sinalando que a política municipal precisa de gobernos responsables que colaboren nese ambicioso proxecto que supón consolidar as grandes cifras macroeconómicas na senda da recuperación económica, da actividade e do emprego.

No hay comentarios: