miércoles, febrero 11, 2015

LOUSAS MUIÑA CANDIDATO DO PP DE ALFOZ

Emilio Lousas Muíña será o candidato do PP á alcaldía de Alfoz. Barreiro ensalzou a labor do candidato e salientou a súa capacidade para lograr unha mellora no concello e do benestar dos seus veciños e veciñas.
Nado o 1 de xaneiro de 1950 en San Martín de Mondoñedo, Foz, Emilio Lousas encabeza por terceira vez a lista do PP ás eleccións do vindeiro mes de maio. Di seguir na liña emprendida de sempre: os seus veciños son a súa prioridade e solventar as súas demandas e peticións o seu reto.
Nas eleccións municipais de 2007, Emilio Lousas encabezou a lista á alcaldía en sustitución de Antonio Gómez Rigueira. Foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nos comicios municipais de 2011 repetiu como candidato a alcalde e obtivo ampla maioría.
O hoxe nomeado candidato popular neste concello mariñao está recentemente xubilado, concretamente dende o 2 de xaneiro de 2015. Foi funcionario en excedencia do Concello de Alfoz, onde traballou máis de tres décadas. Está casado, ten dous fillos e cinco netos.

No hay comentarios: