miércoles, febrero 25, 2015

LOLA CASTRO EXEMPLO CENTRADO NO BEN DOS VECIÑOS

A actual alcaldesa de Folgoso de Caurel, Dolores Castro Ochoa, repetirá como cabeza de lista do PP neste municipio de A Montaña. Barreiro agradeceu a “boa dispoñibilidade e bo facer” da candidata e actual rexedora, que dende fai seis anos goberna o concello de Caurel. “Lola é un exemplo centrado no ben dos veciños e no avance do concello”.
Pola súa banda, a actual rexedora e candidata, mantivo unha xuntanza co comité local e tras consensuar con todo o equipo esta iniciativa, deixou claro que continuará traballando por e para os seus veciños: “os meus cidadáns son a miña prioridade e o seu benestar o meu principio”.
Dolores Castro Ochoa naceu no ano 1977. Militante de Novas Xeracións é alcaldesa de Folgoso de Caurel dende o ano 2009. Secretaria de dirección, residiu durante oito anos en Barcelona, de onde regresou no 2005. Encabezou a candidatura do PP á alcaldía deste municipio nas eleccións municipais de 2007 e 2011.

No hay comentarios: