viernes, febrero 27, 2015

JULIO ALVAREZ DE NOVO CANDIDATO DO PP DE QUIROGA

José Manuel Barreiro, vén de anunciar que Julio Álvarez Núñez será de novo o candidato popular á alcaldía de Quiroga. Álvarez é o actual rexedor deste municipio lucense, responsabilidade que ostenta dende que en 1987 encabezara por primeira vez a candidatura do PP, resultando elixido alcalde con maioría absoluta.
Barreiro lembra que a dedicación “admirable e comprometida” do candidato popular con Quiroga fixo posible que revalidase a maioría absoluta en tódolos comicios.
O lider dos populares lucenses defendeu a xestión de Julio Álvarez no concello durante os 28 anos que leva á fronte da alcaldía e definiuno como unha persoa “moi próxima aos veciños, honesta, traballadora e cun forte compromiso público co seu municipio”.
Julio Álvarez Núñez naceu o 18 de agosto de 1957. Accedeu á alcaldía por primeira vez con 30 anos. É ATS, traballo que compaxina coa súa xestión no Concello. Foi vicepresidente na Deputación de Lugo, deputado provincial e presidente da FEGAMP.

No hay comentarios: