miércoles, febrero 04, 2015

JORGE GARCIA NON SERA CANDIDATO DO PP DA PONTENOVA

A poucos meses das eleccions, Jorge García anunciou que non será o candidato do PP á alcaldía da Pontenova nas vindeiras eleccións municipais. Abre así unha paréntese na súa vida política, tras vinte anos formando parte da Corporación Municipal, tanto en responsabilidades de goberno, durante case unha década; e despois xa, nas últimas lexislaturas, como portavoz do Grupo Municipal popular na oposición.
Con todo, este novo paso non implica a súa retirada da vida política, pois seguirá en plena actividade contribuíndo ao proxecto popular desde a presidencia local do partido, responsabilidade que continuará ostentando.
O actual portavoz popular adianta que se porá a disposición da persoa que lidere a nova candidatura popular, cando sexa designada, e insiste en que esta anuncio “non debe sonar a despedida” xa que seguirá “atendo e disposto para axudar aos seus compañeiros e ao seu pobo, coma sempre fixo”.

No hay comentarios: