martes, febrero 24, 2015

JESUS VAZQUEZ REUNIUSE COS DISTRITOS DO PPOU

O candidato á Alcaldía de Ourense, Jesús Vázquez, así como o presidente local, Rosendo Fernández, mantiveron unha reunión cos presidentes dos nove distritos da cidade na que se fixou a importancia de acadar sinerxias coas restantes administracións, e sobre todo coa Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, para acadar melloras nos barrios e no perímetro rural.
O obxecto desta reunión foi a posta en común de accións preparatorias da campaña electoral de cara ao 24 de maio, así como os contactos para a elaboración do programa electoral para a cidade.
Todos os presidentes de distrito, responsables ademáis da mobilización electoral no organigrama do Comité de Campaña na cidade, recalcaron a importancia de crear sinerxias e mecanismos de cooperación coas administracións, especialmente coa Deputación Provincial e a Xunta de Galicia, co fin de mellorar o servizos nos barrios e no perímetro rural e abaratar os costes nestas melloras. "Os barrios son unha prioridade para o noso proxecto de goberno municipal, e todas as reivindicacións que nos trasladen os veciños serán tidas en conta no programa electoral da cidade, que está en fase de elaboración. Sabemos que hai unha débeda histórica cos barrios e queremos saldala", recalcou o candidato, Jesús Vázquez.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Débeda histórica,...Qué original está Jesusito.

Anónimo dijo...

Los distritos de la gran manzana de Galicia...manda carallo con estes vividores!!!

Anónimo dijo...

Ah¡¡¡¡, pero xa se baixou do coche oficial.A iste candidato creo que non lle gusta o cheiro a ovella.

Anónimo dijo...

Coño, y que pinta Rosendo en la mesa presidencial y el candidato entre la plebe. Parece que el que se presenta es Rosendo.

Anónimo dijo...

Es que Rosendo no acaba de aceptar lo de ser pato cojo.

Anónimo dijo...

Aquí hay muchas ganas de enmierdar, por lo que se ve. Si Rosendo está en la mesa presidencial es porque la reunión estaba convocada por el comité de campaña provincial, al que pertenece Rosendo como presidente de la junta local y no el candidato. ¡A ver si nos dejamos de suspicacias malintencionadas y nos podemos a trabajar todos a una para lograr una victoria contundente y por mayoría absoluta del PP en Ourense!

Anónimo dijo...

Para o do mércores 25,. Non se pode enmerdar o que de por sí é unha merda.