martes, febrero 10, 2015

GONZALEZ MIRANDA CANDIDATO DO PP DE TOMIÑO

A Xunta Local do PP de Tomiño celebrou unha asamblea xeral, na que se elixiu por unanimidade a Esteban González Miranda como candidato á alcaldía para as próximas  municipais, unha decisión que terá que ser aprobada e ratificada polo Comité Electoral Provincial a quen se lle elevou a proposta e que nos próximos días tomará unha decisión ao respecto.
O nome de González Miranda xurdiu tras varias reunións celebradas pola Xunta local do partido, tamén coa cúpula provincial, e despois de que a actual voceira Paula Romeu renunciara a liderar a candidatura do PP de Tomiño por motivos laborais.
Esteban González Miranda, de 33 anos, titulado en comercio nacional e natural da parroquia de Estás, "conta co respaldo de toda a Xunta Local do PP de Tomiño e vai ter toda a axuda que precise pola miña parte e dos demais compañeiros para obter os mellores resultados nas próximas eleccións municipais", explicou a actual voceira, Paula Romeu, que ademais asegura que o PP aspira a consolidar nas proximas semanas, e unha vez que o Comité Electoral Provincial aprobe a proposta deste candidato, un equipo renovado pero avalado á vez por todo o traballo realizado ata o momento.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

jajajajaja el que la sigue, la consigue...

Anónimo dijo...

TUNDA NEJRA.