lunes, febrero 23, 2015

CONVENCION PROVINCIAL DO PP DE LUGO

Feijóo participou na clausura da Convención do PP provincial de Lugo, onde tamén estiveron presentes Xosé Manuel Barreiro, e o presidente do PP local e candidato á Alcaldía, Jaime Castiñeira. Segundo Feijóo, os populares queren gañar para seguir transformando Lugo, todos os municipios da provincia e tamén Galicia. Neste senso, asegurou que son conscientes de que este país non só son as cidades da Autoestrada do Atlántico, senón tamén un interior que merece as mesmas oportunidades que a costa. Así mesmo, teñen presente que a economía non é só a industria e os servizos, senón un sector primario ao que non estamos dispostos a renunciar, pois forma parte do noso ADN e crea riqueza para o noso rural.
Feijóo pediu aos alí presentes seguir traballando e advertiu que sería unha equivocación pensar que unha campaña electoral como a que queda por diante se gaña estando en contra de algo ou de algúns. Con respecto a isto, dixo descoñecer se a xente que votou ao PSOE en 2012 votará agora por Podemos, ou se os votantes de Esquerda Unida apostarán agora por unha marea, nin se os que confiaron no BNG votarán a Anova. Pero do que si se amosou seguro é de que á xente que depositou tanta confianza no PP hai que seguir dándolle motivos para que o siga facendo.

No hay comentarios: