miércoles, febrero 18, 2015

CONSTITUIDA A XUNTA XESTORA DO PP DE LANCARA

O PP de Lugo  anunciou a renovación da Xunta local no municipio de Láncara que levaba constituída desde o ano 1988. A nova Xestora estará presidida por Santiago Cubillas, o actual candidato popular á Alcaldía, quen liderará o PP a nivel local coa mirada posta no reto que supoñen as vindeiras eleccións municipais.
Os cambios na dirección do PP a nivel local foron consensuados no transcurso dunha reunión celebrada a semana pasada con afiliados e supoñen a consolidación dun proceso de renovación impulsado tras o anuncio do actual alcalde, Eladio Capón, de non presentarse á reelección tras 30 anos como rexedor.
Desde a dirección provincial salientan que todo este proceso se desenvolve con normalidade, amosando a solidez, unidade e fortaleza do PP a formación política máis votada polos veciños de Láncara.
O novo presidente local, Santiago Cubillas, veterinario de profesión e veciño de A Pobra de San Xiao desde fai dúas décadas, é na actualidade o responsable da Asociación de Defensa Sanitaria Rio Neira, a primeira asociación destas características constituída na provincia.

No hay comentarios: