martes, febrero 03, 2015

CHEO DO PP DE LUGO EN VILALBA

Cerca de 400 persoas participaron nun acto do PP de Lugo en Vilalba e achegaron as súas propostas para enriquecer o programa electoral para as municipais. Entre os particiantes Pedro Puy, José Manuel Barreiro e Jaime Castiñeira que presentaron distintos relatorios.
Entre as principais propostas abordadas neste foro, estivo o emprego, a mellora das infraestruturas e o necesario blindaxe das políticas de benestar. Tamén se abordou a reforma fiscal e as recentes baixadas de impostos dirixidas a reactivar a economía.
Os participantes demandaron ao PP que dea continuidade ao proceso de reformas e de iniciativas de impulso para que se confirme o cambio de tendencia no mercado laboral e na economía, para que se consolide a recuperación económica e esta poida chegar ao conxunto da sociedade. Insistiron tamén que, este é o momento preciso para recuperar o impulso de novas infraestruturas e valoraron positivamente que a de Lugo sexa a provincia galega que maior investimento por habitante recibe da Consellería de Medio Ambiente e Infraestruturas. No ámbito do benestar, reclamaron unha blindaxe das políticas sociais e o reforzo dos servizos que presta a sanidade pública.
Os representantes de diferentes colectivos sociais e empresariais, viron con bos ollos este tipo de foros para tomar o pulso dos diferentes sectores da sociedade lucense e propuxeron que exista un ámbito periódico de participación e enriquecemento programático nos partidos.

1 comentario:

Anónimo dijo...

os que están cheos son os ciudadanos.