jueves, enero 15, 2015

XUVENTUDE E COMPROMISO NO PP DO INCIO

José Álvarez Vázquez será o candidato popular á Alcaldía de O Incio nas próximas eleccións municipais. Nacido neste municipio lucense, o 4 de xaneiro de 1980, Jose Álvarez, de 35 anos está casado e ten unha filla. É avogado de profesión e exerce de asesor nunha empresa de transportes. Desde xuño de 2013 preside a Executiva do PP local, e forma parte da Corporación Municipal de O Incio onde tamén exerce como portavoz do grupo político máis votado. 
Barreiro definiu a José Álvarez como un candidato “que agrupa xuventude e compromiso”, ademais de salientar que é “bo coñecedor do día a día do municipio onde exerce como concelleiro”. Pola súa banda, o novo candidato agradeceu a “confianza mostrada” pola dirección do partido para "liderar un novo proxecto" e comprometeuse a “traballar duro” para que os veciños "confíen no PP como forza para gobernar este municipio, poñendo fin a unha lexislatura perdida da man da actual alcaldesa socialista”.

No hay comentarios: