miércoles, enero 14, 2015

XA ESTAN DESIGNADOS 91 DOS 92 CANDIDATOS A ALCALDES

O Comité de Dirección do PP de Ourense celebrou  a súa primeira xuntanza do ano tralo parón de Nadal. A cercanía das Eleccións Municipais do 24 de maio foi o asunto primordial que se abordou nesta xuntanza na sede dos populares ourensáns.
Precisamente, Manuel Baltar, recalcou que restan 132 días para a celebracións dos comicios locais, deixando claro que o PPOU "somos a forza maioritaria e indiscutible da provincia, e o amosaremos con creces nas urnas". Ademáis, destacou que o traballo orgánico no PP de Ourense continúa con intensidade. Precisamente, lembrou que está operativa a aplicación na web do PPOU http://www.ppou.es/Propuestas adicada a que os cidadáns aporten as súas suxerencias e ideas para a elaboración dos programas electorais dos 92 municipios da provincia, así como para o programa marco provincial.
Pola súa banda, o coordinador do Comité de Campaña do PPOU, e vicesecretario xeral, Jorge Pumar, lembrou diante dos membros do Comité de Dirección do PP de Ourense que "somos o único partido que ten designados a 91 dos 92 candidatos ás Alcaldías, e seguimos coa nosa folla de ruta marcada estando en contacto permanente con todas as xuntas locais da provincia", co fin de acadar a máxima mobilización de cara ás Eleccións Municipais de 2014.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

¿Y el Congreso dónde está ?.El alcaldable por Ourense sigue siendo una incógnita.

Anónimo dijo...

Democraticamente!!!, jajaja que risa con estos democratas.