miércoles, enero 21, 2015

RUCHO REPITE COMO CANDIDATO EN AS NOGAIS

Quen logrou unha transformación en positivo no Concello de As Nogais ao longo dos últimos catro anos, tras desbancar aos socialistas do Goberno municipal, concorrerá novamente ás eleccións do 24-M como número un na lista dos populares. Así o anunciou José Manuel Barreiro, quen volveu a confiar en Jesús Manuel Núñez, Rucho, para este cometido.
Salientou o líder dos populares lucenses o traballo de Núñez Díaz, lembrando que foi capaz de conseguir un cambio a mellor neste municipio de A Montaña e que a súa boa xestión é un exemplo a seguir para o resto dos concellos da comarca.
Diplomado en Administración e Dirección de Empresas por ESIC, Madrid, Jesús Manuel Núñez, de 57 anos,Xerente de RUCHO S.L. unha empresa dedicada á comercialización de material de construción, ferretería e bazar dende o ano 1980.
O actual alcalde iniciou a súa traxectoria política no ano 2006, exercendo de voceiro popular neste concello de A Montaña pero no 2011 gañou amplamente as eleccións e dende aquelas é rexedor.
Jesús Manuel Núñez tivo palabras de agradecemento cara a dirección provincial tras coñecerse a súa nova designación e indicou que asumirá esta responsabilidade con enerxía e ilusión, traballando día a día para ser merecedor unha vez máis, da confianza dos seus veciños.

No hay comentarios: