jueves, enero 08, 2015

RAJOY NA SEDE DO PP DE PONTEVEDRA

Mariano Rajoy aproveitou a súa estancia en Pontevedra este Nadal para achegarse á sede provincial do Partido e saudar aos alcaldes e cargos reunidos con motivo do tradicional viño de Nadal que os populares celebran cada ano. Rajoy acudiu ao acto invitado por Rafael Louzán. Trátase da segunda visita á sede de Mariano Rajoy desde que é presidente do Goberno. Ao acto asistiu ademais Ana Pastor, Alfonso Rueda, e outros cargos do partido como deputados, senadores ou os alcaldes e voceiros da provincia.

No hay comentarios: