viernes, enero 16, 2015

POSTA A PUNTO DA MAQUINARIA ELECTORAL NA COMARCA DE SARRIA

A comarca de Sarria foi o lugar elixido polo PP de Lugo para iniciar encontros de cara as eleccións municipais. Nunha xuntanza mantida entre o presidente provincial e o secretario xeral con alcaldes, voceiros e edís dos seis concellos que conforman a comarca sarriana, José Manuel Barreiro instou aos presentes a traballar arreo para arrasar o vindeiro 24 de maio.
Barreiro fixo un repaso polo municipios que engloban a comarca sarriana e puxo de exemplo os resultados obtidos nas pasadas eleccións municipais en Paradela, Sarria ou O Páramo, onde os populares arrasaron cunha ampla maioría absoluta. para lograr a maioría absoluta e en Samos e O Incio, animou aos voceiros a traballar duro para recuperar a alcaldía.
O presidente provincial insistiu en que o PP é a forza maioritaria e indiscutible da provincia pero malia a isto insistiu, en que non se pode baixar a garda polo instou aos presentes a traballar duro para que “tódalas alcaldías dos concellos da comarca de Sarria sexan populares”.

No hay comentarios: