viernes, enero 30, 2015

POR SETIMA VEZ CANDIDATO A ALCALDE DE TRABA

José Manuel Yanes Ginzo encabezará por sétima vez a candidatura do PP de Trabada. Leva 24 anos exercendo de rexedor e volverá a encabezar a lista do PP de Trabada nas eleccións municipais. Un rexedor que ano tras ano e elección tras elección, os cidadáns valoran o seu traballo e proba diso vese reflectida nas urnas. Barreiro resaltou a súa traxectoria política e o seu bo facer.
Yanes Ginzoe continuaría na súa liña de servir aos seus veciños, intentando facer posibles as súas peticións e demandas e renovar a maioría absoluta. José Manuel Yanes Ginzo, naceu en Trabada o 29 de decembro de 1955. Está casado e ten tres fillos. É funcionario municipal neste concello. É deputado provincial.

No hay comentarios: