jueves, enero 22, 2015

PILAR VARELA CANDIDATA DO PP DE MONTERROSO

O PP de Lugo designou  a Pilar Varela candidata á alcaldía de Monterroso. Esta moza de 39 anos chegou á corporación deste concello de A Ulloa no actual mandato como edil e dende xuño de 2012 exerce de voceira da formación local. 
Educadora na Escola Infantil de Chantada e experta docente informática no centro penitenciario de Monterroso, Varela Rojo manifestou a honra que representa para ela a súa designación e a responsabilidade que recae na súa persoa como cabeza de lista para gañar Monterroso. 
Pola súa banda,  José Manuel Barreiro manifestou que Monterroso precisa un cambio urxente e afirmou que Pilar Varela é a persoa axeitada e capaz de aplicar as políticas do PP e levar a este Concello pola senda emprendida do progreso e benestar. Barreiro definiu á alcaldable como unha candidata traballadora, comprometida, cercana e humilde e insistiu en que conta coas cualidades axeitadas para facer de Monterroso unha vila como se merece.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Es muy difícil que le pueda hacerle sombra al actual alcalde gato soengas