lunes, enero 19, 2015

OS CANDIDATOS DE PONTEVEDRA EN POUCOS DIAS

O Comité Electoral Provincial do PP de Pontevedra comezou a rolda de reunións para designar aos candidatos dos concellos con menos de 50.000 habitantes de toda a provincia, é dicir, todos os concellos excepto Pontevedra e Vigo.
Así o confirmou Rafael Louzán, que explicou que se celebrarán diversas xuntanzas co fin de que nos próximos días poidan quedar pechados os nomes da práctica totalidade dos candidatos do PP na provincia para os comicios municipais de maio e unha vez designados comezaranse a facer públicos.
Louzán sinalou que a pesar das dificultades derivadas do contexto político actual o Partido Popular, que goberna en 48 de 62 concellos e é maioritario na provincia de Pontevedra, conta nalgúns casos con diferentes alternativas na designación dos cabezas de lista. "O obxectivo deste Comité é acertar e designar aos mellores, tendo en conta as propostas das Xuntas locais e tratando de elixir, como ata o de agora, a xente traballadora, con ideas e ilusión por traballar polo seu Concello".
O Comité Electoral Provincial, presidido por Rafael Louzán, está formado ademais por 8 membros máis da Xunta Provincial. A secretaria do Comité é Rocío de Sinde, e como vogais figuran: Luis Serantes, José Manuel Cores Tourís, Diego Gago, Miguel Domínguez, Román Rodríguez, Begoña Estévez e Alberto Pazos.

No hay comentarios: