martes, enero 27, 2015

OLGA IGLESIAS REPITE COMA CANDIDATA EN TRIACASTELA

Barreiro anunciou onte que a actual alcaldesa de Triacastela, Olga Iglesias, volverá a ser a candidata popular de cara ás eleccións municipais que terán lugar o vindeiro mes de maio.
 Barreiro, quen recoñeceu a dificultade dos alcaldes e alcaldesas de xestionar durante estes anos de crise, eloxiou o traballo de Olga Iglesias e definiuna coma unha persoa traballadora e comprometida cos seus veciños.
Natural da parroquia de Vilavella (Triacastela), Olga Iglesias naceu en 1971 e dende 2011 exerce de alcaldesa do municipio, labor que compaxina coa de deputada nacional.
Iglesias defendeu a súa candidatura á reelección para dar continuidade aos proxectos iniciados á actual lexislatura e para que sirva de respaldo veciñal a unha xestión en sintonía coas administracións autonómica e central.
Olga Iglesias está casada e ten dous fillos. Funcionaria da Xunta de Galicia, é Doutora en Veterinaria e membro da Academia Galega de Ciencias Veterinarias.
A súa carreira no mundo da política comezou no ano 2003, seguindo así os pasos de seus pais. Deputada da IX e X lexislaturas, forma parte da Comisión de Medio Ambiente, Agricultura e Pesca; da Comisión de Fomento e é voceira adxunta na Comisión de Sanidade. É presidenta do PP de Triacastela e compaxina a labor de alcaldesa coa de deputada no Congreso.

No hay comentarios: