jueves, enero 29, 2015

O PPOU ABRESE MAIS OS OURENSANS

A sede provincial do PP de Ourense acolleu onte unha rolda de prensa na que o coordinador do Comité de Campaña, Jorge Pumar, así como os responsables dos Programas Electorais, Cristina Romero e César Fernández, explicaron en rolda de prensa os novos mecanismos web para achegar propostas, así como un número de teléfono (635 92 92 92) para envialas a través de whatsapp.
Por primeira vez na historia, o PPOU presentará á cidadanía un Programa Marco Electorial Provincial, cunha visión integral da provincia de Ourense.o PPOU ten fixados cinco eixos fundamentais e comúns a tódolos concellos da provincia sobre os que pivotará o Programa Marco Electoral Provincial: Transparencia, Emprego, Xuventude, Servizos Sociais e Turismo Cultural.
Jorge Pumar invitou os cidadáns a que se animen a aportar a súas ideas ou suxerencias "xa que os programas teñen que ser fiel reflexo das demandas e necesidades dos veciños. Todo isto é complementario o labor que vén desenvolvendo o PP de Ourense, de estar en permanente contacto cos veciños, e así durante o próximo mes teremos reunións por partidos xudiciais con todos os Alcaldes, Portavoces e Presidentes Locais".

1 comentario:

Anónimo dijo...

Puro fume baltarista.

José Manuel, explícanos los del coche con chófer de tu vasallo Santalices:

Choferes e coches oficiais para os cargos do PP na Mesa da Cámara

http://www.galiciaconfidencial.com/nova/22540-choferes-coches-oficiais-cargos-pp-mesa-camara