lunes, enero 26, 2015

MOURE ANSOAR REPITE COMO CANDIDATO

Ramiro Moure Ansoar, actual rexedor de Taboada, repite como candidato do PP a alcaldía deste municipio.
 Barreiro puxo en valor o traballo realizado en servizo dos cidadáns de Taboada e o perfil renovado que representa, seguindo coas liñas do PP, e destacou a maioría alcanzada nas anteriores eleccións municipais, mellorando o resultado do PP no municipio. 
Nado en 1958 e formado como mestre industrial, Moure é funcionario de institucións penitenciarias e milita no PP dende 1997. Foi tenente de alcalde e encargouse de varias áreas como a de cultura, ata que Ramos Lemos deixou a alcaldía, en xullo de 2009, para exercer de delegado territorial de educación. Nas últimas eleccións municipais Ramiro Moure acadou unha ampla maioría absoluta; destaca pola súa entrega e dispoñibilidade para facer fronte ás necesidades actuais dos veciños e veciñas de Taboada.

No hay comentarios: