viernes, enero 30, 2015

MARIA LUISA MACIA NON REPETIRA POLO PP DE RABADE

María Luisa Macía quen encabezou en dúas lexislaturas a lista do PP en Rábade non será a número un na lista para as vindeiras eleccións municipais.
Motivos persoais, e tras unha decisión meditada, a levan a non repetir como candidata. Malia a isto, Macía deixa claro que non abandona a política e sigue a disposición do partido.
María Luisa Macía continuará ao fronte da Presidencia Local e no tocante á Executiva provincial seguirá sendo a coordinadora sectorial de benestar social. Comprométese a seguir na liña emprendida ata o de agora, que non é outra que “preocuparse polos seus veciños, intentado solucionar os seus problemas e necesidades”.
Nos pasados comicio,s o PP de Rábade, encabezado por María Luisa Macía, subiu en número de votos e no que se refire a edís, empatou cos Independentes de Rabade, pero o feito de non lograr a maioría absoluta fixo que non puidese gobernar.
Iniciou a súa andaina na política no ano 2003, sendo edil ata o ano 2007, que foi nomeada candidata do PP á alcaldía de Rábade. Membro da executiva rexional, poñente dos últimos estatutos do PPdeG, presidenta provincial da comisión de política social María Luisa Macía non se vai, non abandona a política, di seguir na liña emprendida ata o de agora, que non é outra que intentar facer posibles as necesidades dos seus veciños “os cidadáns de Rábade foron, son e serán sempre o meu compromiso”- conclúe.

No hay comentarios: